Volvamos a empezar. Isto xa non vai ser un conto, a pesar de
que a miña primeira intención era comprobar se aínda son quen de sacar unha
historia de cinco palabras -por veces unha era abondo- ou xa… Díxenme que
mellor sería escribir un simple artigo para o blog, aínda que igual a palabra
artigo é pretenciosa de máis. O corrector automático do procesador de textos
dime que este último adxectivo non figura no seu dicionario, e a liña vermella
que o destaca recórdame unha breve intervención no twitter sobre
estranxeirismos na lingua, na que parece ser que a postura correcta ben sendo “depende”
do gusto do consumidor pola lingua prestamista. Logo dunha breve rolda polos
dicionarios da internet acho que a ausencia non é da palabra, senón da miña
pronuncia. A verdade é que hoxe estou sendo algo pretensioso de máis. Todo un
pretender. Ai, carallo, que pretender era outra cousa, ou non? Volvo aos
dicionarios e, máis unha vez, resulta que ben pode valer, a pesar de que a
opción enxebre debería ser fachendoso, que eu me nego a considerar un sinónimo
axeitado neste caso.
Para caso o que me facían os que me escoitaban dicir taborela
dixitalizadora, miles de anos antes de que os consumidores crearan esa deidade
chamada Jobbs, Steve. Agora podes dicir ipad, ou tablet se tes unha postura
belixerante contra o egotismo esteticista, pero taborela quedou para ese taller
perdido na aldea onde van morrer os xubilados -espabila, que non che falta
moito- e xa, mesturado con dixitalizadora ben sendo como pedir un cubalibre de
ginjinha. No, si yo el gallego lo entiendo pero es que hablas tan cerrado…
Algunha vez tería que ll’ir expplicand’ôs túzaros qu’o sinco
de el jallejo non quere dicir nada. Pero
neno, ònde vas con aperturas vocálicas para comer artigos ou vogais iniciais? Como
un acento vai substituír unha preposição? Iso non pode ser español…
As pelotas de goma baten nos lombos cataláns mentres escribo
isto. E unha xeración destas nós habemos ir do Caurel a Compostela todo por un
sofá de código aberto -ou cun word pirata.

Merda. O móbil dime que ‘tou a piques de esgotar os datos. Voulle pedir á Pontón que meta no programa a fibra para o rural. Libertá, ighualdá, fraternidá e propiedá. O da propiedá é para llo explicar aos fabricantes de software, música, cine e outros intanxíbeis.
O móbil dime que ‘tou a piques de esgotar os datos. Voulle pedir á Pontón que meta no programa a fibra para o rural. Libertá, ighualdá, fraternidá e propiedá. O da propiedá é para llo explicar aos fabricantes de software, música, cine e outros intanxíbeis.