The Barefoot Comtessa

THE BAREFOOT COMTESSA

Estabamos algures vendo a película. Houbo un tempo no que foramos algo parecido a amantes, aínda que ela sempre foi moi precisa no asunto da súa liberdade. Humprey Bogart era un mito daquela, anos foron nos que viamos Casablanca todos os invernos apegados ao tizón do Nadal. Naquela pantalla compartía protagonismo con Ava Gardner, mantendo unha distancia que ela sempre considerou inaudita. Eu escribía versos desde que era un adolescente, escribía versos para matar a miña inseguridade á hora de tratar co sexo oposto, e estaba a punto de rematar o meu primeiro libro de contos. Ava deslizábase sobre o microfilme, esvarando desde a máis triste desesperación á máis escura luxuria. Non sei se foi o plano da choiva no funeral de Ava o que a conmoveu, e quedamos de acordo en que ela merecía o título de condesa descalza. A min estábame permitido aspirar a emular ao papel de Bogey. Marchou coa coroa na cabeza e un bico de despedida.

  • Se che compre algo, asubía.

Riu aquela chiscadela, que acaso non sexa máis que un decorado que veño de me inventar para traer a este instante. Aquilo era un adeus, e aínda que volvemos coincidir, foi sempre fugazmente: a aristocracia sempre vende caro o seu tempo, e eu xa non tiña un papel que ofrecer.

Chove, mentres unha rede social esparexe hoxe as súas cinsas no meu sofá.  Asáltame por sorpresa a verdade de que hai un ano que a condesa asaltou o pazo dos ceos e chove.

Chove pra que eu soñe.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s