Hai alguén aí?

Volvamos a empezar. Isto xa non vai ser un conto, a pesar de que a miña primeira intención era comprobar se aínda son quen de sacar unha historia de cinco palabras -por veces unha era abondo- ou xa… Díxenme que mellor sería escribir un simple artigo para o blog, aínda que igual a palabra artigo é pretenciosa de máis. O corrector automático do procesador de textos dime que este último adxectivo non figura no seu dicionario, e a liña vermella que o destaca recórdame unha breve intervención no twitter sobre estranxeirismos na lingua, na que parece ser que a postura correcta ben sendo “depende” do gusto do consumidor pola lingua prestamista. Logo dunha breve rolda polos dicionarios da internet acho que a ausencia non é da palabra, senón da miña pronuncia. A verdade é que hoxe estou sendo algo pretensioso de máis. Todo un pretender. Ai, carallo, que pretender era outra cousa, ou non? Volvo aos dicionarios e, máis unha vez, resulta que ben pode valer, a pesar de que a opción enxebre debería ser fachendoso, que eu me nego a considerar un sinónimo axeitado neste caso.

Para caso o que me facían os que me escoitaban dicir taborela dixitalizadora, miles de anos antes de que os consumidores crearan esa deidade chamada Jobbs, Steve. Agora podes dicir ipad, ou tablet se tes unha postura belixerante contra o egotismo esteticista, pero taborela quedou para ese taller perdido na aldea onde van morrer os xubilados -espabila, que non che falta moito- e xa, mesturado con dixitalizadora ben sendo como pedir un cubalibre de ginjinha. No, si yo el gallego lo entiendo pero es que hablas tan cerrado…

Algunha vez tería que ll’ir expplicand’ôs túzaros qu’o sinco de el jallejo non quere dicir nada.  Pero neno, ònde vas con aperturas vocálicas para comer artigos ou vogais iniciais? Como un acento vai substituír unha preposição? Iso non pode ser español…

As pelotas de goma baten nos lombos cataláns mentres escribo isto. E unha xeración destas nós habemos ir do Caurel a Compostela todo por un sofá de código aberto -ou cun word pirata.

Merda. O móbil dime que ‘tou a piques de esgotar os datos. Voulle pedir á Pontón que meta no programa a fibra para o rural.  Libertá, ighualdá, fraternidá e propiedá. O da propiedá é para llo explicar aos fabricantes de software, música, cine e outros intanxíbeis.

O móbil dime que ‘tou a piques de esgotar os datos. Voulle pedir á Pontón que meta no programa a fibra para o rural.  Libertá, ighualdá, fraternidá e propiedá. O da propiedá é para llo explicar aos fabricantes de software, música, cine e outros intanxíbeis.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s