Hai alguén aí (2)

Hai unha pequena diferenza entre ser parvo e estar aparvallado. (Vou facer como que non vexo que este corrector atrampullado me sinala que aparvallado non é unha palabra estándar, nin atrampullado, claro) . Hai xente optimista que quere ver na diferenza unha oportunidade para os aparvallados; o caso é que eu non son moi optimista, máis que nada porque establecer a diferenza é, frecuentemente, unha cuestión de perspectiva, e os que traballamos coa perspectiva sabemos que non deixa de ser unha ficción: unha fantasía para aproximarse á esa realidade que nunca existe máis que desaparecendo.
Isto estame quedando tan moderno que case me da medo o esnafre que me ofrece tanta altura.
Seica na miña cidade se van construír unhas escaleiras mecánicas para subir do centro a San Francisco, e outras máis para diversas dificultades orográficas que impiden aos cidadáns dos barrios regresar aos seus fogares sen queimar calorías. Non sei eu se alguén pasou a conta a kilowatts-hora, máis que nada por comparar o beneficio para a saúde coa ximnasia da carteira. Tampouco é que me estrañe demasiado que non haxa problema en queimar esa pólvora, mentres Vigo –cidade iluminada por excelencia- funde o metal dos estaleiros coa benzón hoteleira. A diferenza nos custes salariais entre ambos sectores é algo que ben podían explicar os operarios da General Motors que andan estes días a procurar subempregos para manter ao día as letras da hipoteca, porque unha cousa é making America great again e outra making wages great again. Non vin a ningún deles entrevistado nos medios desinformativos, polos que escorregan labaradas tristes de papel que xa nunca será reciclable.
O inefable POTUS ven de proclamar a súa venia para o próximo xenocidio –a alfombra coa que tapar as vergoñas segue inventándose segundo os mesmos manuais de sempre- mentres en Holanda o liberal primeiro ministro saca ao exército para deter os tractores que ameazan con interromper o café dos banqueiros que case se pulen o Internationale Nederlanden, moi concienciados coa ameaza do metano que expelen as vacas do país.
Mr. Musk, is there any chance for me to get a ticket to Mars? A calquera lugar onde aínda non chegara o resto da humanidade, realmente…
Espera. Está a casa do pai. Alí xa non vive ninguén. Merda. Gwyneth Paltrow ven de poñer o ollo na parroquia.
Ser, ou non estar. Eis a cuestión.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s