Pura tristeza (1)

 

Pura tristeza 1

Hoxe unha compañeira contoume, mentres vixiabamos no patio que os nosos alumnos -a penas entrados na adolescencia, e que non sei se algún día serán quen de pararse a escoitar as “paraules d’amor” de Joan Manuel Serrat- unha anécdota dunha súa compañeira universitaria, non vou dicir de que universidade nin de que facultade.

Seica – e non era a primeira vez- se lle presentou a nai dun alumno a reclamar a nota dun exame. Non sei se se dan conta: a nai dunha persoa maior de idade asume a súa representación para reclamar unha nota nunha materia na que non está formada. Situados na conxuntura, a profesora universitaria contempla estupefacta como, tras recibir a aquela nai sen motivo ningún e fóra do horario de titoría, esta tira de teléfono móbil para fotografar o exame.

Despediuna ipso facto entre protestas e ameazas. Eu non daba crédito. Eu, que con quince anos non podía aturar a vergonza de que miña nai se achegara sequera ao instituto…

Mentres o youtube me aconsella que lle volva botar unha orella a “diamonds and rust” paso pola retina o vídeo que me pousou na retina o twitter, no que pode contemplarse como nun lugar do que non quero acordarme se despide a policía que marcha a repartir paus a Cataluña como se foran a unha guerra entre berridos futbolísticos (a por ellos, oé!) e non, non vou poñer o enlace a ese vídeo. Así que  fago contas e rescato  unha canción para non cortar as veas.

Así que agora estou aquí, agardando pola choiva que vai caer.

Dicía Neruda:

“que la severidad sea una condición de la alegría

 para que así seamos indestructibles”

e sentíndome extraterrestre recordando esa frase vou ver se dou chegado a algunha galaxia moi, moi distante…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s