Títulos publicados

 

bookcoverpreview_definitiva O ceo e as horas. Relatos.

Outeiro dos mouros_capa ebookEsta é unha pequena publicación electrónica, contendo os contos do blog “Outeiro dos mouros” revisados e algún caso, ampliados. Unha modesta achega á narración oral e a literatura de tradición oral. Só en edición electrónica.

KDP. 2014

 

 

 

 

O baile do sol
O baile do sol

Dí Antonio Reigosa:

Mentres Albén aínda ten que aprender se as lendas e os contos son a crónica dun suceso real, ou se a realidade é só un soño morno, caldo, pero sempre imprevisible, a vida da aldea onde sucede esta historia é como a dun formigueiro en a rebato. Os múltiples personaxes que desfilan pola novela semellan inquedos, aguilloados por urxencias que estouran como as bombas do día da festa. Unha sintonía de ruído e fume.

Sen embargo, no momento do solsticio (solstitium, solis sistere), cando o sol aparenta quedo, estático, a moura (Moura Dana, por exemplo) transfórmase en serpe, e a serpe a seguir embelécase sobre si ata formar, se cadra, unha esfera ovoide, preámbulo do chamado “ovo druídico”, un cristal máxico que ata o mesmísimo mago Merlín procurou sen resultado.

Quen lea este fermoso libro de Xerardo Méndez sentirá que o tempo, ao ir pasando as páxinas, se move cada hora máis gozoso, coa lentura dos días do estío, e cando a emoción aboia, tal serpe que se enrodela para darlle forma máxica ao cristalino ovo máxico, o sol, quedo, danzará, podes crerme, para ti, prezado lector ou lectora.

Eu creo que nacín para escribir este libro

 ebook    edición en papel

BookCoverPreview

Un día Xabier Paz convidoume a acompañalo á tertulia cultural de “Al atardeSER”, cada mércores, en Radio Ourense. E fun. E plantexeime se, como escritor sería posible traducir a vida diaria a relatos para ese medio. Alí lin o primeiro dos relatos deste blog: historias da paisaxe humana da cidade. Ou da miña maneira de ver a paisaxe humana da cidade. Esa é unha dicotomía interesante. Iso foi hai xa anos, e o que foi un experimento converteuse nunha adicción, obrigándome a abrirlle un camiño propio a estes relatos. 

 ebook   edición en papel

Relatos de verán_redelibros12

Volume colectivo composto dos relatos finalistas do concurso “Relatos de verán” de Redelibros do ano 2012

A miña aportación foi o relato “agosto do 36”.

Neste volume participaron os autores:

Antonio M. Fraga, Xosé Duncan o Corvo, Óscar Bouzas, Óscar García Ramos, Ariel Martínez, Lionel Rexes Martínez, Andrea Barreira Freije, Xerardo Méndez, Roberto A. Rodrigues, César Lorenzo Gil, Umberto Saa

 

Que cara

Que cara trae o día,

Toxosoutos, Noia, 2010

A choiva estoupaba contra o asfalto. É unha maneira de falar un pouco estrambótica, esta. E que lle queres? É o que se me acorda. As pingas de auga caían contra o cemento da beirarrúa e desfacíanse petando coma loucas: pló, pló, pló… case parecía saragaña en vez de choiva. Caía que non había quen se atrevera a por un pé fóra. E eu alí, mirando caer a auga, a fío, aquelas pingadas gordas coma balotes estoupando contra o asfalto, abrindo aínda máis o buraco da beirarrúa, alí diante do taller, diante dos meus fociños, caían as pingadas, pló,pló, e xa tiñan alagado aquela fochanca nun amén, que fora abrirse o ceo como se lle meteran o coitelo do sangue na barriga e botara dun golpe o que gardaba no bandullo aquel ceo negro, negro, negro… que nunca tal eu vira, un ceo tan negro, ou se o vira non me acordo, que a verdade é que eu ó ceo non lle miro para nadiña, máis que cando estou … como estaba daquela, de brazos caídos, querendo marchar e que se queres pan, Catarina, oes, que nin paraba nin daba cuartel nin o carallo bendito, que chovía que había que foderse: caía coma se a botaran a baldazos de alá arriba, raio de choiva que non daba parado, e a Margarita agardando por min, que eu sabía que agardaba por min, que esperaba que a fora buscar, que lle tocara o timbre no portal …

Pódelo mercar aquí.

Relato Express

Relato Express

VII Encontro de Escritore s Ouensáns

2010

Esta foi a miña primeira experiencia como editor, e foi unha experiencia de “editor express”.

O asunto era escribir unha serie de relatos que incluíran unha serie de palabras proporcionadas polo público asistente á xornada inaugural. O relato debía escribirse esa noite para poder ser editado e impreso durante a xornada seguinte.

O libro foi impreso e cosido a man, imitando un libro do século XVI.

Van aquí os nomes dos que compartiron comigo aquela xornada:

Belén de Andrade, Jorge Emilio Bóveda, Ramón Caride Ogando, Alba Cid Fernández, Xosé Carlos Domínguez Alberte, Francisco X. Fernández Naval, Camilo Franco, Álvaro Lago, Marco Valerio, José Lino Monjardín, Eva Moreira Fontán, Juan Tallón.

Especial agarimo e recoñecemento a Xavier Paz e todos os membros de Literauria, que colaboraron an organización dos eventos de aquela inesquecible fin de semana.

As horas que nos quedan

As horas que nos quedan

Sotelo Blanco, Santiago, 1997

Un home sen memoria a piques de morrer e un cadáver coa cara rebentada e un furado no peito forman o interrogante co que Xerardo Méndez comeza As horas que nos quedan. A historia, aínda cumprindo aparentemente as esixencias da novela negra —un asasinato, unha investigación que se desenvolve nun ambiente pechado e enrarecido e un detective ó que lle interesa máis sabe-la verdade que dar co culpable—, é máis ambiciosa, indo máis alá dos requisitos do xénero negro para, nun texto de evidente calidade literaria, dar ó lector unha orixinal visión do mundo e das relacións entre os homes.

Narradores de cine

Narradores de cine

Xerais. Vigo, 1996

O cine incrementa nos espectadores a conciencia do secundario, por iso reescribir o cine significa unha rebeldía contra a natureza periférica da butaca, significa tamén unha reafirmación do valor cultural dos cines de barrio e da nosa capacidade para reciclar todas as mensaxes do bosque de faias. Reescribir o cine incumbe tamén á insolencia dos que levan a cultura da palabra alén dos dicionarios e para quen, lonxe de se educar baixo a severa mirada dun home crucificado, aprendeu a vida nas salas onde non pedían o carné para entrar. Escribir o cine é tamén acabar co dilema falsamente intelectual de saber se foi primeiro a imaxe ou a palabra, como se precisásemos de xerarquías. Din que o cine é a luz, pero non, o cine é o resto. O resto, naturalmente, é literatura.

(Tomado da contracapa do libro.)

Neste volume participaron os autores:

Fran Alonso, Ramón Caride Ogando, Cid Cabido, Chesi, X.M. Fernández Naval, J.A. García Rodríguez, Xerardo Méndez, Xabier Queipo

O abrente é un desatino

O Abrente é un desatino

Sotelo Blanco, Santiago, 1995

A aventura nocturna dunha panda de rapaces que celebran o remate do curso é o comezo tamén dunha historia de amor entre dous compañeiros de instituto. Inesperadamente, mentres están nunha discoteca, os protagonistas vense enredados nunha liorta por un suposto asunto de drogas, polo que teñen que fuxir perseguidos polos membros dunha das bandas do barrio. Iníciase deste xeito unha historia de descubertas: o amor, a violencia da vida, os diferentes e moitas veces irreconciliables puntos de vista dun rapaz fronte a unha rapaza e ó revés, a pura aventura de ser mozo. O estilo da narración é áxil, de frases curtas e diálogo rápido. A linguaxe é popular, xuvenil, como corresponde ás voces dos protagonistas, que nos contan a historia desde tres puntos de vista diferentes, intervindo alternativamente e facendo avanza-la acción. O autor condúcenos ata o desatinado abrente por unha noite nova e tola, facéndonos sentir todo o desacougo e as dúbidas dos anos mozos na que logo semella se-la noite máis curta e a máis longa da vida.

El cazador

El Cazador

Ronsel, Barcelona, 1993

Nunca lle dei demasiada importancia a esta tradución. Quizais, obnubilado aínda por algunhas boas críticas que recibira o orixinal –lembro con especial agarimo as palabras de Xesús González Gómez e Dolores Vilavedra– nunca lle dei a importancia que merecía ao feito de que estes relatos cruzaran esa fronteira lingüística. O escaso éxito que colleitou esta tradución pode deberse a moitos factores, pero tivo a relativa importancia de demostrar, pola vía dos feitos, que unha cousa son as aspiracións e outra as realidades.

Agora miro con certa saudade este rostro da señora cun nome que non sei pronunciar: representa para min o inalcanzable, o misterio. A fugacidade coa que desaparecen as promesas.

O cazador

O Cazador

Sotelo Blanco, Santiago, 1991

Nun dos máis belos relatos deste primeiro libro de Xerardo Méndez, o titulado “Os Ollos de Laura”, enúnciase un principio: “Non hai que tentar comprender”. Se cadra ha ser ese o xeito de ler O Cazador: deixar que un arrepío de pracer ascenda pola columna vertebral ata acadar, a modo, a caluga. Porque o escritor, a máis de ter un perfecto dominio da historia que está a narrar, ten que facer xurdila emoción estética do lector. Estes non son, só, uns relatos escritos para o lector especalizado—para o crítico– senón máis ben para o lector común, esa persoa que quere deleitarse coa literatura, que quere pasalo tempo dunha maneira inesquecible. Son eses relatos que levan dentro de si todo ese tedio dos domingos longos e baleiros, toda a súa soidade, tal os de Scott Fitgerald levaban o desengano e a decadencia. Literatura.

Tomado da contracapa do libro. Qué máis queredes que vos diga?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s