Categoría: actualización de sección

Hipaso de Metaponto

Hipaso de Metaponto descubriu a irracionalidade da diagonal do cadrado de lado unitario, o dodecaedro, fixo aportacións á teoría musical pitagórica e descubriu, probablememte, a irracionalidade da sección áurea e a necesidade de ampliar o concepto pitagórico de número. Esta última idea en particular resultou todo un ataque ao misticismo pitagórico, sostido sobre a base de que o mundo era semellante en perfección a unha esfera que tiña a súa esencia no número, e no cal todo podía explicarse en termos de números sinxelos ou das súas razóns.

Unha aproximación á súa historia, contada por el mesmo, na sección “o relato da semana” que tamén pode descargarse como pdf ou epub.