Para Marco Neves
Com agarimo e cumprimentos.
Devanando os miolos hai tres días dei en mirar de escribir un soneto cada día, e alá que fun, rescatando o meu Quinteiro das Tintas, que tiña abandonado hai algún tempo. E devanar devanei hoxe, que o procesador marcábame como gralla o meu devanar, que no último intento de achegarme a algo do que dixen, devanar tiña que ter o dobre sentido que eu lle quería dar: imaxinar, fantasear, dunha banda, e darlle uso á debanadoira, por outra.
Procurando resolver a miña dúbida sobre o funcionamento do corrector automático acudín a consulta do señor dicionario da RAG, do que -todo teño que dicilo- desconfío por sistema. E claro, aí foi que dei na pedra:
Como isto non é novidade ningunha procurei por proximidade: fun ao dicionario da Priberam, no que tampouco constaba, pero este dicionario ofrece unha interesante posibilidade aos que nos movemos nas fronteiras: unha listaxe de vocábulos semellantes.
De primeiras so me fixei na primeira das palabras, abondo semellante como para comprender que a raia fai das súas, gústeche ou non, pero:
Así que, postos a viaxar, marchei a Cataluña, onde se me ofreceron, ademais do resultado exposto, catro posibilidades de consulta:
Das que escollín a segunda, por ver se os cataláns tamén devanaban a cabeza, pero parece ser que non.
Resulta evidente que un dos dous significados que eu lle atribúo existen no castellano, mal chamado español, no meu punto de vista, que non penso discutir neste momento.
Pero, que hai do outro? O que esta claro é que o buscador sabe que é “devanarse los sesos”, un traballo parecido ao de facer que a Academia escolla a Carballo Calero para o Día das Letras Difuntas, pero non parece haber no castelán o significado de “fantasear, imaxinar” que a Priberam e eu lle atribuímos.
Non vou dicir que non sabía cal era a forma “normativa”. Téñoo ben claro:
E fíxome en que os dicionarios que seguen a norma rexistran un único significado, así que decido preguntarlle ao meu gurú persoal para estas cuestións, que non é outro que San Estraviz. E así, de primeiras, pois como que:
E claro, como que amarga. O conto é que un, que non é filólogo nin cousa que se lle pareza, e lembrando a particular relación do castelán cos étimos latinos en relación con “b” e “v” (avogado / abogado: o dilema!) así como a miña consulta ao catalán fixen unha pequena mudanza na procura:
E aí, o demo, aínda aparecían dous sentidos novos que encamiñan o poema cara outras dimensións.
Por curiosidade, e como teima persoal decidín volver ao comezo, e fixeime un algo máis na listaxe de sugestões da Priberam, e contra o final…
Olha! Parece que os brasileiros estão a dizer alguma coisa! A mesma que em Trás-os-Montes:
Por se alguem se perdeu:
Así que vou facer un cambio de fricativo a bilabial, aínda que so seja para non confundir aos amigos do Porto: