Pura tristeza (3)

Casaron por interese. Polo interese del, que tiña terra que lle saía polos ollos e nin unha cadela para poñela a producir. Asediouna durante anos, polas boas e polas malas: enchéndoa de galanos mentres apuñalaba polas costas en calellas escuras aos seus pretendentes. Ela resistiu, pero chegou un momento no que, entre a choiva avarenta dos pais -cobizosos dun patrimonio amplo no que estrar os ollos, alén daquela súa pequena casa de inquilinos e as tendas que lles daban fartura- e a mansa dos agasallos, amoleceu e viuse no altar sen tempo para pensar aquela resposta.
O convite case o arruína, pero a pouco de aqueles dispendios tocoulle a lotería e con pouco traballo construíron un imperio. Aqueles foron días alegres: paseaban polo mundo asoballando envexas, campando nos restaurantes de moda, brillando nas portadas das revistas de sociedade, fotografados ata o delirio nas escaleiras do pazo familiar e nas festas máis opulentas. Naqueles días el prendía os cigarros con billetes na cara da competencia, e todo foi ben durante un tempo.
Un día –sorpresa- as arcas apareceron baleiras e pegaron a discutir. El partiulle a cara, dúas costrelas e unha perna que eu saiba. Mallouna cada vez que se lle arrepuña: a cada pregunta sobre que fóra dos pesos de prata caíalle unha ostia. Ela sumíuse, calou e recuperou unha parte –a que el consentiu en deixarlle- dos seus negocios. Onte díxolle que marchaba, que non o aguantaba máis. El cargou a escopeta e sentouse a esperar que baixase aquelas escaleiras.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s