Medrade e multiplicádevos

Kharxa, taquigraficamente, contraceptivo, lerchán, diluviano

Esquecéralle tomar o contraceptivo e tivera unha noite axitada. A perspectiva da maternidade non a atraía nadiña nese momento: empezando no traballo, coa tese a medio rematar, preparando as oposicións, que na privada o choio éche outra cousa: simplemente non daba da si como para imaxinarse arrolando un cativo dous anos… e o resto, que mirando aqueles rostros adurmiñados que mal seguían as súas explicacións moitas veces daba en pensar toladas, como por exemplo: para que contribuír ao aumento do número de idiotas por metro cadrado? Claro que as kharxas non eran un tema especialmente interesante, mais ben diluviano, ou inda anterior, e nin sequera comprendía como podía ninguén considerar necesario o seu estudo. Un par de versos soltos en lingua romance na fin dun poema en árabe e hala! Veña botar foguetes para festexar a persistencia do idioma presuntamente autóctono -en realidade residuo dunha colonización anterior- na época de dominio musulmán da península ibérica. Canto durou o dominio árabe? Cen anos? Nin sequera. Pero… O mesmo pero de sempre.

Non sabía se dicirllo a el. Queríalle, pero éralle algo lerchán e non tiña gana de andar con explicacións na cuadrilla; tampouco estaba moi certa de como lle caería aquilo. Dáballe voltas mentres vía, por riba dos lentes, á Sara, a mordedelas co bolígrafo, ao Antonio riscar catro garabatos na folla do caderno, a Tomás papar moscas e a Xiana comer o libro. Tocou o timbre e o balbordo sacouna do seu ensimesmamento, obrigándoa a recoller os tarecos mentres repetía inutilmente a advertencia:

– A semana que ven teremos o exame do tema!

No café, alguén sentenciou:

– Parece que so se boten fillos ao mundo por neglixencia!

Sorriu e colleu o teléfono. O whassap era un invento. Riscou telegraficamente:

– Estou preñada.

E sorriu imaxinando a súa cara de susto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s