Tentación

Mordedela, talla, termoloxía, precipitación, xenófobo

 

A termoloxía é a parte da física que estuda a calor. E coa mordedela lembrou o segundo principio da termodinámica, aquel enunciado clásico de Clausius: non existe ningunha máquina que tome calor dun foco frío e o transfira a un foco quente sen realizar traballo sobre o sistema. El estaba frío coma carambelo, pero aqueles dentes cravados na súa caluga foron como un sinal eléctrico, a faísca da buxía que prende a gasolina e pon o motor a andar. Notou como se lle incendiaba o sangue mentres as súas uñas riscaban nas costas unha mensaxe lúbrica. Ou Clausius ou a entropía andaban errados.

O pixama non era da súa talla: emprestárallo para pasar aquela noite, antes daquela viaxe que inevitablemente a levaría a un Norte distante e frío, a tea despegábase do corpo, negándose a cubrilo, e a temperatura subiulle tanto cando aquelas uñas alcanzaron o fin das costas que pensou entrar en ignición. Imaxinou a nova nos xornais: morto por combustión espontánea un triste profesor universitario. Con tan tétrica perspectiva arrefeceu un chisco, pero xa aqueles dedos alcanzaban o que non quería nin pronunciar e se non se consumiu nese mesmo instante foi pola súbita chegada dun trono e a precipitación conseguinte, que conseguiu refrescar a temperatura do cuarto abondo para lembrar aquel seu pai xenófobo que o perseguira coa escopeta na man polas rúas de Vimmerby, obrigándoo a mergullarse nas conxeladas augas do lago para non levar unhas perdigonadas.

– Estás certa de que teu pai non anda cerca?

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s