Día: 17 Abril 2017

Foi

Lareto, enferruxar, arco da vella, salaio, condonábel

 

 

Dicían que era quen de pasar por baixo do arco da vella. O salaio da aldea cando morreu foi unánime. Era ben lareto, un defecto condonábel grazas á bonhomía. O último ramo de flores do cemiterio foi para o seu nome, a enferruxar no mármore do nicho, ollando como as silvas se fan as donas do adro.

bookcoverpreview_definitiva
O ceo e as horas

Á venda aquí

O dilema do conferenciante

Heterodonte, entrambilicar, cachiza, atropado, pesca.

Os simios son heterodontes. Teñen a dentamia atropada para unha alimentación omnívora… Mirou á concorrencia e descubriu, nervioso, ao home que comezaba a topenear na segunda fila, o interese feito cachizas, e díxose que igual entrambilicar a linguaxe non era boa arte na pesca de atención.
Tamén se preguntou se era lícito excluír da disertación as palabras empoeiradas, como quen esquece os cans abandonados que cruzan o camiño.

O baile do sol

Á venda aqui.