Satisfacción

Acantazar, semantema, bilbotarra, demarcar, primado.

 

Aquela semana foramos ver o partido con máis entusiasmo do debido. Tiñamos que gañar para non caer outra vez na poza do descenso, e iamos con gana de esgazarnos a berrar por ver se así empurrabamos a bola para que entrara na portería dos bilbotarras. Non é que nos caeran mal, que eran boa xente e levabámonos a ben dende sempre: prohibíannos a entrada nos mesmos campos e sempre coa mesma escusa. Por veces dábanme ganas de meterlle a algún deses estirados o pau da bandeira por onde vos facedes unha idea, que non compre aquí nin semantema para entendernos. Que era chegar á estación e xa estaban a demarcar a zona do campo onde nos tiñamos que sentar e mesmo onde nos deixaban escribir unha carta… se nos portabamos ben, que se non, nin iso nos estaba permitido. Así que a eles non tiñamos gana de os acantazar,  nin sequera para matar o tempo. O tema era que a eles nin lles ía nin lles viña o de gañar ou perder, pero a nós…

Entrando no partido logo se lle empezaron a ver aos tipiños unhas ganas que so podían entenderse se viñan untados, que na radio xa levantaran a lebre polo medio da semana dicindo que se os madrileños e os valencianos andaban cos maletíns a voltas. O Xetafe e o Levante estaban agarrados ao mesmo fío ca nós e o que primeiro o cortara era o que se salvaba:

–         Veñen primados.

Dixo o Serafín, que nisto do vocabulario sempre andaba moi fino.

–         O que pasa é que non sabedes perder…

Era o memo do Lino da Tonecha, que botara anos en Bilbao traballando de camareta e daquela quedáronlle os aires e a camisola do Atleti que traía ao campo cada vez que viñan “os seus”. Os seus. Mona do carallo. Estivo picando en nós todo o tempo, e ben que tiven que agarrar ao Alfredo, que a cada momento cantaba:

–         Estase rifando unha ostia …

Cando meteron o gol que nos metía no pozo, volveuse cara nós dicindo:

–         A segunda, gallegos…

E si, tiven que ir declarar a comisaría. E pagarlle uns dentes novos. Pero quedar, quedei ben a gusto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s