Día: 28 Febreiro 2017

Os versos máis tristes

 

Camuflar, vela, recuncar, reportaxe, roedor

 

Foise camuflar entre a multitude. Levaba toda a noite en vela, despois de recuncar naquel traballo de roedor -por non dicir a palabra xusta – e agora por fin tiña a reportaxe. As fotos do engano. Entraran bicándose na estación, a cámara parecía esperalos tanto como a capa da revista. Ela recoñeceuno e o pasado acenou naquela ollada. Eles, os de entón, xa non eran os mesmos.