Reparto de culpas

Serbio, dl, resarcir, paredar, pago.

Seica o corpo humano alberga cincuenta dl de sangue. Esta non é a conta habitual, o normal ven sendo dicir que o corpo ten cinco litros de sangue, e postos a facer contas, como o decilitro é a décima parte do litro, medido en decilitros resulta que temos cincuenta medios vasos de sangue correndo polas veas, porque un vaso son douscentos centílitros, isto é dous decilitros.

Esas foron as contas que botou o serbio. Ás súas ordes tiña un pelotón de corenta e sete soldados, así que o sangue do coronel daba para o equivalente a un vaso de viño por cabeza, e con sorte inda sobraría algo, ou algo sempre se podía perder. Puxeron ó coronel na mesa de matar os porcos e sangrárono como a un marrán. Escolleu ben aos que o habían soster mentres el lle rabenaba o pescozo pola zona da carótide cunha man e coa outra puña o balde para aparar o sangue que cichaba con forza. Logo deixou de se mover o animal, pensou, mentres remexía no líquido mirando de evitar os coallos que inevitablemente habían facerse a causa do brusco cambio de temperatura. Fóra, a neve corría no lombo do vento para vir apegarse aos cristais da fiestra.

Aquel fóra o home que asaltara a súa aldea, e velo alí deitado, exánime, parecía resarcir, en certa medida, as súas perdas. Lembrou que antes de comezar a guerra viña de casar e estaba a paredar a casa cando os tanques asaltaron o lugar e acabaron coa súa esperanza. Preguntouse se gañaba algo coa vinganza, e descubriu que o billete ao inferno había tempo que o tiña pago. Verteu o sangue nos vasos coma se fora viño e deullo a beber aos homes. Estábase poñendo tolo, pensou, sen que lle importara.

bookcoverpreview_pt

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s