O planeta

Integrador, recalcificar, estudado, interferómetro, austeramente

Era un home integrador, experto en crear equipos de traballo e alcanzar obxectivos de forma eficiente. Seus pais estaban orgullosos de que o seu fillo fora estudado, aínda que non entendían moi ben a que se dedicaba. Eles preferían que fose médico, ou avogado, unha profesión respectable que puidesen comprender para que servía. E a pesar de esforzarse durante anos en quitarlle da cabeza aquelas teimas súas de quedar ás noites no balcón contando estrelas, ao final aceptaran as súas angueiras e, vivindo moi austeramente, conseguiran pagarlle ao seu único fillo aquela carreira que el teimaba en seguir.

O home tranquilo deixara a súa casa a miles de quilómetros había tantos anos que lle doía a memoria ao tentar recordar os rostros dos seus proxenitores. Pero aínda co oso a recalcificar -aquela fractura non conseguira apartalo máis que dous días do seu traballo- e apoiándose nas muletas, agardaba ansioso os resultados da pantalla. Cando finalmente o interferómetro proporcionou os datos esperados, e el puido poñerlle a aquel planeta que nunca visitaría o nome da nai morta un mes atrás, para reparar de algunha maneira a ofensa de non ter acudido ao seu enterro.

bookcoverpreview_definitiva
O ceo e as horas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s