Paleo

Cinco palabras_12 Perico, bronce, mexedura, denegrir, encornar

– Dalle aí unha mexedura a eses pericos!

A avó berrou desde o otro lado da casa, e María dubidou se a entendera ben, que a avó comía nas vogais e xuntaba nas palabras cunha dición antiga que non ensinaban en escola ningunha. Soaba como:

– Dalle’í unha mexedur’èses pericos!

Ningunha desas palabras cabía nunha ortografía ortodoxa, por non falar dese mastigar arrastrado das vogais ou a forma de empatar unha palabra con outra para formar a frase. Gustaríalle – pensou, mentres remexía nos pericos un minuto antes de os sacar do lume-

– Sác’ôs xa, que mirran!

Darlle na cabeza co denegrido cú da pota a algún dos seus estirados profesores universitarios, eses que inventan palabras furgando no latín cunha máquina, sempre encornados á mínima cando lles explicas que a merda do programa non dá, que non hai un so falante que pronuncie o que sae dese cascallo. María retirou as ervellas no punto exacto de bronce, xusto coa dureza precisa e no instante anterior a aquel no que comeza a transición a puré.

– Côm’era que lle chamabas os pericos?

– Ervellas, avó, ervellas

– E quen che deprendeu iso?

E María bufando, contestou

– Na universidade…

Sentindo que lle roubaban algo.

Un comentario en “Paleo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s