En resumidas contas…

Dicía Caneiro nos noventa que asistiamos, daquela, ao progreso implacable da estupidez. Unha frase pode resumir unha década, pero esta encerra un destino. Se xa entón a rotundidade da afirmación enfrontábanos a unha ameaza real, a perspectiva do tempo incítame a porlle un colofón.  Estamos a un pasiño do seu trunfo implacable. Non vou xustificar esta afirmación, perdoen que me excuse co cansazo que produce batallar coa falta de intelixencia.

Cando era cativo lía unha cousa chamada Selecciones del Reader’s Digest. Sempre fun omnívoro, é un defecto do animal, que queren que lles diga. Acaso a falta de outro alimento me empurrou a esa falta de sutileza nas escollas literarias. O caso ven sendo que desas lecturas gardo dous ou tres recordos en forma de sentencias -as publicacións conservadoras son ben proclives aos ditos e citas, que para algo son partidarios acérrimos da auctoritas- e unha delas ven especialmente ao caso. Dicía:

La estupidez no te matará, pero te hará sudar” (proverbio inglés)

Nótese con que elegancia se elude, na forma impersoal do discurso, precisar se é a propia ou a allea. Como da miña xa teño bastante experiencia, e mal que ben voume arranxando, entenderán que este convencemento me estea levando a planificar unha viaxe a Portugal, co mesmo motivo co que se acostumava cruzar a raia daquela, viaxe que lles aconsello vivamente, dado que, como dicía alguén que non lembro agora, este futuro do que lles falo non parece ter remedio, nin se albisca esperanza de salvación. 

Co seu permiso, vou á ducha.

Un comentario en “En resumidas contas…

  1. Eu tamén podrecín coas Selecciones de Reader Digest. Pero que nos tiren o bailado coa satisfacción do morbo nalgúns daqueles artigos como: Sobrevive logo de que unha vara de ferro lle atravesara o cranio. Ai, que tempos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s