Como nos arruinan

O debate sobre o referéndum e a débeda grega agocha unha realidade máis que desagradable que ninguén quere mirar de cerca, e menos as actuais administracións. A realidade é que, mentres se discute sobre o mantemento dos servizos sociais cun voluntarismo bastante penoso, a administración favorece a liquidación da propiedade empresarial e intelectual dos administrados, favorecendo a compra de empresas e bens nacionais (aquí da igual que isto se entenda como galego ou español) por inversores estranxeiros. Favoréceo descaradamente de forma fiscal, xa que non se poden compatrar os rendementos empresariais “normais” cunha tributación por beneficios via sicav: o promedio do tipo impositivo empresarial -ben disimulado por uns costes salariais disimulados vía “cotizacións empresariais”- creo que se situaba no 13% máis ou menos non hai demasiado tempo. Comparar isto co 2% que tributa unha sicav ou unha sociedade radicada en Luxemburgo ou calquera outro paraíso fiscal é algo máis que un insulto. E xa non falemos do terrible que resulta comparar os impostos ás empresas cos impostos aos traballadores. 

Non é de estrañar, pois, que España sexa o país onde a propiedade estranxeira controle preto da metade das empresas de maior tamaño (43% das empresas do IBEX) e que este fenómeno siga medrando. Resulta incrible que unha empresa propiedade do estado malayo contemple como rendible a adquisición dunha autoestrada financiada principalmente por unha administración que se confesa incapaz de obter por si mesma ese beneficio. Por non falar de contemplar como se vende como un éxito a venda dunha empresa naval local a unha empresa estatal mexicana. O asunto é tan terrible que xa non é que todos aspiremos a traballar para unha multinacional, é que moitos imos acabar traballando para estados estranxeiros, que nin sequera son comunitarios. 

O paradigma da relación entre propiedade empresarial e servizos sociais pode situarse no sector do automóbil, onde a propiedade é exclusivamente foránea. Os cartos dos impostos financian a propiedade allea, coa desculpa de que se non pérdense os postos de traballo. Isto ven sendo coma se o pater familias lle paga ao veciño para que lle dea traballo ao fillo. Resulta terrible comprobar que esa é unha práctica habitual no noso entorno, aínda que aquí haxa que traducir “veciño” desa forma que xa todos coñecemos, e que ninguén sexa quen de concibir unha alternativa, unha saída diferente. 

A consecuencia lóxica desta polítca de entreguismo á inversión estranxeira, imposta polos propios beneficiarios, é que a financiación do estado so pode recaer nos impostos indirectos, que para manter os actuais niveis de servizos -pois a súa liquidación tería sen dúbida consecuencias políticas- deben ascender a taxas astronómicas, o cal ha provocar unha saída do sistema legal de boa parte da actividade económica, invalidando así ese instrumento como sotén das contas, e incidindo na necesidade de subscribir máis crédito para o mantemento dos servizos públicos, que xa está acabando de comer o fondo de “reserva” da seguridade social.

Dicir que outra política é posible, que si que se pode, e chorradas polo estilo, fiando a solución dun problema máis que estrutural, cultural, sen que se defina cales son os eixos desa posibilidade é unha engañifa na que un, despois de contemplar as actuacións do FMI e do populismo desde os anos setenta en Latinoamérica, non está disposto a acreditar. E descargar a responsabilidade da xestión pública na xente non deixa de ser un chaparrachá. 

Que se necesita un cambio é unha evidencia. Pero non definir como se vai soster ese cambio é, como din por aí, falar prá feira. Resulta fundamental que o non gañe en Grecia para que a avaricia descubra que a cántara rompe. Pero é imprescindible definir propostas claras para que o imenso poder acumulado polo capitalismo financeiro deixe de arruinarnos cos nosos propios cartos. Por favor.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s