Blas Lourés

Tiña que ser a luz de marzo

a luz dun día claro detrás da choiva

debuxando montañas no empardecer do serán

coa Lúa bailando unha triste plenitude.

Tiña que ser a luz que nace

un día que é físgoa, fenda e promesa

e trae unha noite impaciente, longa e fría

nun coro de cometas e galaxias a bailar sobre a xeada

Tiña que ser a luz violenta

un golpe de ababoles sobre a herba

que empeza a erguer as orellas como a lebre

perseguindo a primavera.

Tiña que ser na luz que medra.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Advertisement

Unha resposta a “Blas Lourés”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: