As trampas de Atenea

Hai moitos anos que lle escoitei a Camilo Franco falar das Seis Propostas de Italo Calvino. Daquela o segundo milenio (falando en termos do calendario occidental) agoniaba e as propostas xa tiñan uns aniños, pero a min parecéronme unha boa guía, que, polo que parece, non son quen de seguir.

Máis adiante, a brillante metáfora do espello de Perseo como imaxe desa función da literatura de permitirnos ollar a realidade sen sufrir os petrificadores efectos da ollada do monstro, deu paso a unha tentativa de utilizar o argumentario mitolóxico como motivo literario, e nesa teima acordóuseme que podía ser interesante a ollada sobre o mito dos seus coetáneos. A idea ampliouse a un posible contraste do mito clásico coa actualidade ou os mitos cinematográficos e acabou por quedar arrecantada nese lugar onde se poñen a resgardo as ideas que parecían boas, pero…

O pasado 23, na presentación do libro de Ramón Caride, acordeime do asunto, falando con David Cortizo. E hoxe decateime de que “o relato da semana” leva semanas sen actualizarse, así que decidín rescatar aquelas páxinas e deixalas aquí, para aqueles que esteades interesados na mitoloxía. Os interesados no contraste poden comparar “O semáforo” cunha visión máis, digamos clásica, do mito.

Cando empecei a “actualización” do mito de Orión, -que agora deixo como relato da semana– pensei que podía dar para unha novela, que, por desgraza, segue no primeiro epígrafe do primeiro capítulo case dez anos despois. Sigo esperando, como Twain, que volva aquela musa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s