A esmorga

Onte fun vela. E cría que podía facer unha crítica. Hoxe, grazas a ese invento do paper.li, que me permite recoller unha pequena parte da actividade da rede relacionada coa literatura e a cultura en xeral, batín, no blog de galaxia, cunha reseña do Hollywood Reporter, escrita por Jonathan Holland, a quen non teño o pracer de coñecer de nada. O caso é que a súa opinión –deixando a parte as cuestións comerciais, nas que nin sei nin quero entrar- coincide no básico coa miña. Así que o resto do que segue igual sobra.

O primeiro que debo confesar é que fun con medo ver a película. A esmorga é a miña novela favorita, unha especie de tótem sagrado que de cando en vez saco do andel para volver enzoufarme nesa corrente eléctrica que, pese aos anos e as lecturas, segue a abrasarme como a primeira vez. Tamén, debo confesalo, porque fun vela nun pase escolar, e ir cos rapaces ao cine non é a mellor das posibilidades para achegarse a nada. Andar cos ollos en cen posibilidades inevitablemente distrae.

O caso é que, non sei se por sorte ou por desgraza, para min o rostro de Cibrán vai ser xa e para sempre o de Miguel de Lira, cando volva ler Milhomes verei inevitablemente ao Morris, ao dicir Bocas terei diante de min a Karra Elejalde, cando pense: Socorrito, virá ao meu maxín Sabela Arán, e pronunciando Nonó chegarame esa cara de vinagre fabulosa de Mela Casal. Porque se “A esmorga” é unha novela de personaxes, Ignacio Vilar tivo o acerto –e a limitación quizais orzamentaria- de entender que esta é unha película de actores, de actores que están –particularmente no caso de Miguel e de Morris- diante do papel da súa vida, e sabéndoo, conseguen que toda a súa vida encha a personaxe. En xeral, todos os intérpretes voan. Tal vez, como sinala Holland na súa crítica, á película acabe algo hipnotizada por esa composición maxistral, pero para os que amamos a novela ese non é un defecto.

O único que me pregunto agora é: cando sae o DVD?

Grazas, Vía Láctea e Galaxia.

Grazas, Ignacio, Miguel, Antonio, Sabela, Mela e a todos os que esquezo.

4 comentarios en “A esmorga

  1. Críticas oínas e linas do notable ao cero.
    De momento a curiosidade non me desmonta a idea de non vela. Tendo vistos os anteriores traballos do director, medomedá.
    A túa opinión é esperanzadora.
    🙂

    1. A verdade é que respecto das anteriores o director dá un salto considerable. Como película séguenlle sobrando vinte minutos -algúns planos son longos ou simplemente adornan- e faltándolle un millón de orzamento. Para min sostéñena -e moi ben- os actores, aos que, se acaso, o director puido cortarlle un chisco as ás na montaxe.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s