We, the people…

Por enésima vez escoito esa cantarena da igualdade de servicios. Despois de pasar onte todo o día intentando conseguir unha conexión decente para poder recibir e contestar sequera as mensaxes de correo, ou consultar o facebook sen ter que botar cinco ou dez minutos para que cargue as novidades, supoño que terei que me conformar con cargarlle a culpa da miña imposibilidade ao Nordés, que arrapiñaba as etéreas ondas, alonxándoas deste lugar, que ten en común con centos de lugares do país cousas como esa imposibilidade de contar cunha conexión ADSL simplemente decente, a oscilación infame do suministro eléctrico, e outras cousiñas polo estilo.
Resulta, por demais, indignante, que calquera alternativa fóra do sistema habitual -satélite, placas solares, aeroxeradores eléctricos – estea fiscalmente gravada moi por riba de calquera sentido común. Como se a independencia -individual, oigan, simplemente- fose o máis terrible dos pecados. E xa non quero nin falar do miserable paternalismo, por non dicir altiva ignorancia, coa que se regulan as actividades propias do rural, por razóns de pura e simple comenencia dos xestores administrativos.
Por veces, quero dicir: un día si e outro tamén, parece como se os xa maioritarios habitantes das cidades, onde se constrúen as maiorías que deciden os gobernos e os seus condicionantes, consideraran ao territorio que os rodea como un xardín ao seu dispor, e aos seus habitantes unha sorte de indíxenas tan extraños como incómodos.
I think I’m gonna move to a country were the law begins: we, the people… Porque o orixinal sempre resulta mellor que a (mala) copia. Ainda que hoxe, con sol e sen vento, a cousa parece que vai mellor. Igual despois podía ir limpar… merda! Non podo usar a desbrozadora: hai perigo de incendio. Anque o orballo acabe de enchoparme as canelas ao sacar o can de paseo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s