Bailar sobre a neve

Mentres a noite me caía enriba, da radio agromaba unha música que xa era antiga cando nacín. Debo recoñecer que nos noventa deixei de seguir as novidades: o último que apareceu no meu horizonte foron os REM, e tampouco é que lles fixera moito caso. Desde entón non fago máis que escoitar as mesmas cancións, que volven unha vez e outra, da mesma maneira que, cando era un neno, volvían Manolo Escobar e o seu carro perdido a todas as viaxes. A vellice debe comezar así: cando decides que a roupa que tes é a única que vas gastar. Cando comezas a non recoñecerte nos escaparates.
A semana ofrecía múltiples posibilidades para devanar os sesos e soletrear calquera esperanza, de incendiarse de indignación ou, por qué non? Casar as dúas teimas. O caso é que cada vez me resulta máis difícil sentir entusiasmo coas verdades presuntamente evidentes (Podemos ou non podemos?), indignarme co cinismo (O Felipe cabalga de novo!) ou espir sánde@s (necesito nomeal@s?) asi que, quero confesalo, a única alegría da semana deuma unha personaxe que me asaltou onte pola noite, mentres remexía incertidumes e botaba un ollo ás convocatorias deses premios que xa non espero gañar.
O tipo é simpático, cáeme ben, así que vou ver se son quen de escoitar o que quere contarme que, aínda que todo estea xa escrito, as vellas cancións síguenme emocionando. Con permiso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s