Multa

A lúa bailaba na fiestra mentres Silverio fumaba un cigarro na mesa da cociña. O día fora longo, e cansino. De mañá, ben cedo, erguérase para facer aquela viaxe que tan pouco lle apetecía. Ir á capital producíalle sempre una galbana insufrible, unha pereza que o irritaba. E se a viaxe se mesturaba co traballo, entón radiaba fastío.
Tiña a obriga de ir declarar ao xulgado: a carta chegáralle había un mes e non admitía desculpas. Máis ben amenazaba coas consecuencias de facerse o tolo, algo que nalgún momento se lle pasara pola cabeza, pero finalmente a cabeciña acordoulle ao dereito, e alá que fora.
O asunto tiña a súa miga. O veciño, un home de mediana idade, solteiro e sen máis familia que os gatos que lle paraban no patio da casa, recibira o inverno pasado unha comunicación da Benemérita solicitando que identificara ao condutor do seu vehículo, condutor que se saltara un control de alcoholemia na estrada que une Almería con Granada, a penas a cen metros do rotulo que sinalaba a fin da primeira cidade. Antonio Saavedra, ou O Pito, para os que lle tiñan máis confianza, so saíra da provincia para ir a Ceuta facer a mili, e as únicas viaxes que facía no Opel, que mercara despois de pasar un calvario para obter o carné de conducir, eran á vila a mercar o que lle compría, ou, dicían as malas linguas, ao club das garotas que había na estrada a Lugo, onde podía matar a soidade con billetes de cincuenta.
Ao Antonio saíulle a carraxe do peito coma un trebón. Non pola notificación, senón polas ameazas. De non identificar ao condutor en cuestión, sería sancionado cunha multa entre mil e dous mil euros, máis a retirada de dez puntos do carné de conducir.
– En Almería! Pero cando fun eu alá, sandiós?
O problema, en palabras do sarxento de Catabois, un home alto e grande, de cara avinagrada e carácter tirando a manso, viña sendo que a lei, coa presunción de veracidade outorgada ao axente, requería que identificase ao infractor ou daríase por sentado que o condutor era el. Dado que non podía culpar a ninguén dunha falta na que era imposible que o seu coche se vira envolto, decidíu recurrir, e o Bieito, o fillo do Silverio, preparáralle o escrito, escrito que foi desestimado a pesar de contar coa declaración de tres testemuñas que dicían que era imposible que estuvera no sitio á hora indicada. O enredo seguíu para adiante, e ao final, o Pito non tivo máis remedio que recurrir a un avogado, pagar a multa e poñer un pleito. Pero mentres…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s