L

A Álvaro Lago, polos seus L.

Os romanos: eses si que vivían ben! Meter nunha soa letra a derrota dos corenta (outra cousa implica non ter decencia), a desaparición biolóxica ou mental do pai (que esperemos que a vostede lle viva tantos anos como espero que resista o meu, pero a bioloxía e a piedade lévanse a mal) e ese punto de inflexión desde o infinito cara a nada non é moco de pavo.
Quizais o segredo dos números romanos sexa outro. Acaso haxa unha clave esotérica que agocha a sabedoría dunha raza extraterrestre que, combinada con cromosomas locais, deu lugar a ese misterioso imperio que, ainda hoxe, tanto goberna as nosas vidas (non hai máis que pensar que os memos seguen confundindo intencionadamente “democracia” con “estado de dereito”, Grecia con Atenas e o cú coas témporas por máis que gasten licenciatura ou luzan o número 1 de algunha oposición como se fose marquesado ou similar) e, perdón pola digresión anterior, esa clave agochada nos números romanos nos permita descubrir o segredo da existencia, o prezo de Ibertrola ou similares mañá na bolsa, ou, o que sería máis interesante, a maneira de cultivar a galbana con intensidade de patricios romanos.
Claro que isto de arremedar aos patricios ten o inconveniente de non deixar moito oco para os plebeios, que como dicía o de Lemos “e logo, hanme manter os carballos?” Pero, por demáis, o mellor que pode acontecer é que, cando alcance esa idade -e non está moi lonxe o día- a fortuna teña sinalado no seu caderno que un servidor ben merece unha xubilación, e quera agasallarme cun boleto da euromillóns destinado a poñer verdes de envexa a todos os veciños.
Din que mentres hai vida hai esperanza. Non sei se non ir comprar xa o boleto, a verdade é que hoxe pésame o corpo…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s