Días sen gloria?

Hoxe fun ao teatro. Á sesión matinal, esa destinada aos escolares. E debería dicir que non comprendo como é posible que semellante obra so pase un día en cartel. Debería dicilo porque o texto é como un río que te vai levando de gorgollón en gorgollón, de trebón en trebón, ata o máis tráxicamente lóxico dos finais (con certas concesións ao happy end, que, bo, saben ben). Porque a interpretación de Manquiña é simplemente xenial (acórdome de José María Rodero, por dicir algo que non sexa Roberto) e os demáis, arrastrados polo seu contido frenesí, están case á mesma altura. Porque a posta en escea e simplemente brillante. Porque a dirección do espectáculo pareceume atinada, e porque había moito, moito tempo que non me emocionaba. Igual é defecto meu por non pisar moito o teatro, erro que pretendo remediar de contado.
Dicía que debería dicir que non comprendo como unha obra desta altura pode pasar simplemente un día por unha cidade coma esta, un domingo, que xa son ganas de buscar ao público. Por desgracia, acoden a un certos insidiosos recordos. Non foi esta a obra que gañou o Rafael Dieste e nunca foi representada (ata hoxe) polo CDG incumprindo as bases do mesmo premio? Que alguén me corrixa se me equivoco.
Unha das maiores atrocidades do fariseismo ignorante é a súa obnubilación coas formas, a súa teima en confundir os sentementos coa aparencia, a súa persecución de todo o que recenda minimamente a pescuda da intimidade da verdade. Para eses sándeos a intimidade é unha cuestión inasomable ao mundo, e o escándalo cando iso acontece, a maior das perversións.
De certo que haberá quen se poña exquisito con pedigrís diversos e outras correas similares. Converxen neste punto todos os decididos a acatar a imposición do papanatismo. Un simplemente, agradece as fonduras que afogan a sede. Claro que se o que queres é simplemente entreterte, pois entón prende o televisor. E renega do xénero humano, pero iso sí, diante do espello por favor.

2 comentarios en “Días sen gloria?

  1. Gañou o DIeste, si, e representouna a compañía de Roberto Vidal Bolaño, Teatro do Aquí, ó ano seguinte.
    Pero problema semellante ó que vostede narra aconteceu con As Actas Escuras, que estivo sen editar (secuestrado) nin levar a escena ata 2010 e que incluso “provocou” a desaparición do premio para textos que gañara no 1994, o “Camiño de Santiago”, que non volveu ser convocado.
    Vaia ó teatro, vaia, pero un Vidal Bolaño é un Vidal Bolaño.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s