A burga das letras é agora trilingüe

Cando un se aburre moito dalle á cabeza de máis, e por iso, para matar o tempo, decidin poñer n’A burga das letras un par de versións máis do mesmo conto.

Así, coa axuda dos tradutores automáticos (millóns de grazas e máis a “traducíndote” e “opentrad“, pero tamen a Google translator, priberam, o meu admirado e recoñecido Estraviz e outras ferramentas que se me fai xa moi longo citar) vou perpetrar a traición de poñer as miñas palabras na grafía brasileira -que é a que ven de balde cos procesadores de texto- para a miña parentela de aquela banda non teña desculpa para sufrirme.

Para non facer distingos cos panameños tamén a puxen en castelán, así que a partir de hoxe ben pode o  meu fracaso como escritor facerse universal: so falta para tal cousa unha versión inglesa, que non moi tarde vou ter o atrevemento de facer.

Asi que xa me podedes recomendar aos vosos amigos throuought the world, que de lombo ando surtido. Grazas.

,

2 respostas a “A burga das letras é agora trilingüe”

Deixar un comentario