Cando un se aburre moito dalle á cabeza de máis, e por iso, para matar o tempo, decidin poñer n’A burga das letras un par de versións máis do mesmo conto.
Así, coa axuda dos tradutores automáticos (millóns de grazas e máis a “traducíndote” e “opentrad“, pero tamen a Google translator, priberam, o meu admirado e recoñecido Estraviz e outras ferramentas que se me fai xa moi longo citar) vou perpetrar a traición de poñer as miñas palabras na grafía brasileira -que é a que ven de balde cos procesadores de texto- para a miña parentela de aquela banda non teña desculpa para sufrirme.
Para non facer distingos cos panameños tamén a puxen en castelán, así que a partir de hoxe ben pode o meu fracaso como escritor facerse universal: so falta para tal cousa unha versión inglesa, que non moi tarde vou ter o atrevemento de facer.
Asi que xa me podedes recomendar aos vosos amigos throuought the world, que de lombo ando surtido. Grazas.
de link en link atopei unha chea das túas cousas…! (isto é para rato)
Espero que sexa un bo rato!