O prezo da felicidade

 

O home achegábaselle, e a muller dubidou por un instante. Mirou ao can que o acompañaba e decidiuse:

Desculpe, veño de atopar esta cadeliña –dixo, ensinando unha criatura diminuta, cunha manta de prata polo lombo, que protestou ao verse exposta a unha nova ollada- e como vostede tamén leva un can … Non saberá de quen é?

Non, o home non sabía. Fixo memoria, lembrou a Jordan, co pelo negro como a noite no alto do lombo, e cadeliños pequenos que se cruzaban no su camiño, cada tarde: insolentes algúns, pretenciosos outros, medrosos case todos. Á súa muller sempre lle gustaran os Yorkshire, pero acabaran por adoptar o cruce de Labrador e Pastor Belga, máis de corenta quilos de carbón peludo, que tiraba da cadea inquedo, incómodo coa detención e a conversa.

– Non a coñezo. Pero ten que ter chip. Imos dar unha volta e en media hora, se non hai novidades, a ver …

A muller viu marchar ao home e máis ao can, dubidando do prometido regreso, pendente da hora de saída do rapaz do polideportivo, dándolle na cabeza voltas a un arrepentimento que non sentía.

– Quen me mandaría …

Mentres, o home e o can rodeaban, co peso da rutina ás costas, os edificios do pequeno campus da cidade, á espreita de algún detalle que resolvera o extravío. A noite caía sobre as beirarrúas en silencio, o parque estaba solitario: só un home, tal vez un mozo, sentado nunha pedra, escribía algo nun portátil. Máis adiante, unhas chaves sen ningunha identificación colgaban no valado que separaba a parte do xardín eternamente en obras, cerca da casamata dos operarios. Outra perda, pensou o home. No cima da costiña que levaba á igrexa, aquela muller dirixiuse a el:

– Desculpe. Non vería por aí unha cadeliña Yorkshire…

– Tena unha muller do outro lado do campus, cerca da piscina

A muller faloulle á moza que a acompañaba:

– Vai, nena, Vai rápido …

Unha moza botou a correr rente ás árbores: non correu moito, a cadeliña xa viña ao seu encontro no colo dun sorriso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s